As ensinanzas de formación profesional
conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están
organizadas en ciclos formativos de grao medio e grao superior respectivamente.
Para realizar estudos nos centros
sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de
acceso, participar nun PROCESO DE
ADMISIÓN.
Este proceso establece un sistema de
prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada
ciclo formativo, así como os prazos de presentación de solicitudes e de
formalización de matrícula.
A continuación inclúo unha presentación de toda a información
relativa ao proceso de admisión:
- Prazos de presentación de solicitudes.
- Procedemento para facer a solicitude.
- Adxudicación
- Vídeo explicativo para facer a prescrición
- Requisitos de acceso
- Distribución de prazas
- Alumnado con discapacidade
- Matrícula e renuncia
- Liberación de prazas
- Adxudicación continuada
- Matrícula simultánea
Así mesmo, déixovos unha presentación en soporte PDF cos pasos para cubrir a solicitude, onde atoparedes pantallazos a modo de exemplo para que vos sexa máis doado. Tamén vos inclúo unhas instrucións xerais para a formulación da matrícula.
Por último, inclúo os accesos directos a distintos contidos da admisión para que pinchando podades acceder sen ter que estar buscando polos navegadores:
- Calendario de admisión.
- Asistente informático onde facer a solicitude (operativo dende mañá).
- Vídeo explicativo para realizar a solicitude web.
- Instrucións xerais da Xunta de Galicia para realizar a solicitude web.
- Como consultar o estado de solicitudes do proceso de admisión (pendente)
- Instrucións xerais do proceso de admisión.
- Onde consultar a listaxe de solicitudes (provisional ou definitiva).
- Normativa reguladora do proceso de admisión.
- Oferta
educativa do 2020-21 (pendente de publicación).
- Criterios de desempate.
Calquera dúbida preguntade.