
O
tránsito entre etapas educativas supón un cambio que implica ó alumno/a unha
marcada diferencia, no que se expón a un crecemento persoal, social e
educativo. É neste último punto onde reside a importancia de planificar as
transicións, pois estas poden afectar ao propio proceso de aprendizaxe, co cal é
necesario contemplar nexos e vínculos inter-etapa que favorezan un proceso de
tránsito o máis natural e beneficioso posible.
As
etapas de transicións e cambios, polo xeral, sempre son momentos algo difíciles
e problemáticos para os nenos/as, sobre todo cando estes son máis pequenos
pero, lonxe de considerar as transicións como momentos complicados, o que se
debe facer é utilizalas como oportunidade para que o alumno/a se adapte á
diversidade e aprenda a enfrontarse as novas situacións.
Pasando
a falar do paso da Educación Infantil á Educación Primaria, os cambios máis
notables que se producen no paso dunha a outra refírense aos seguintes
aspectos: profesorado, espazos, distribución do tempo e rutinas, metodoloxía e
materiais. Pero un dos cambios máis drásticos que acontecen nas aulas dos
primeiros cursos de Primaria é o enfoque metodolóxico e o modelo pedagóxico.
En
Infantil, o alumnado aprende baixo enfoques caracterizados por un marcado
carácter vivencial e globalizador, traballando contidos suxeitos a áreas de
coñecemento e experiencia. A realidade cotián do neno/a é o elemento sobre o
que se aprende e do que se aprende, estando o tempo estruturado en base a
rutinas e hábitos progresivos, e métodos de traballo baseados na investigación.
Na
Primaria, en cambio, os coñecementos aparecen parcelados, divididos en materias
e áreas, cada unha cun peso académico específico, repartidos ao longo dun
horario prefixado e estudiadas por medio de exercicios e actividades de corte
máis memorístico e instruccional, centrando o proceso educativo cara o manexo
de competencias.
Dito isto, a continuación inclúo un vídeo onde
explico os cambios máis importantes de Infantil á Primaria.
Aquí vos deixo a presentación en soporte de PDF para que podades visualizar cada diapositiva máis detalladamente.
Para calquera dúbida estamos a vosa disposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario