luns, 11 de febreiro de 2019

Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade, curso 2018/2019.




Materias obxecto de avaliación:
Parte obrigatoria:
  • Materias xerais do bloque de materias troncais
    - Historia de España II
    - Lingua Castelá e Literatura II
    - Primeira Lingua Estranxeira II
    - Lingua Galega e Literatura II
  • Materias xerais do bloque de materias troncais segundo modalidade ou itinerario
    - Especialidade Artes: Fundamentos da Arte II
    - Especialidade de Ciencias: Matemáticas II
    - Especialidades de Ciencias Sociais: Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II
    - Especialidade de Humanidades: Latín II
Parte voluntaria: (máximo de 4 materias, entre as materias de opción do bloque de troncais de 2º de calquera modalidade ou materias xerais troncais específicas de modalidades distinta da examinada na parte obrigatoria. 
****Tamén poden examinarse dunha das opcións lingúísticas da 2ª lingua estranxeira II distinta a cursada como materia xeral do bloque de materias troncais, é dicir, Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués.
  • Materias troncais de opción:
    - Artes Escénicas - Grego II
    - Bioloxía - Historia da Arte
    - Cultura Audiovisual II - Historia da Filosofía
    - Debuxo Técnico II - Química
    - Deseño - Xeoloxía
    - Economía de empresa - Xeografía
    - Física - 2ª lingua estranxeira II
  • Materias xerais troncais de modalidade (agás a da modalidade cursada):
    - Fundamentos da Arte II
    - Latín II
    - Matemáticas II
    - Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II


Cada unha das probas da avaliación terá unha duración de 90 minutos, e establecerase un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos. E a proba na súa totalidade terá unha duración de tres días.


¿Como serán as probas?
Poderán conter preguntas abertas e semiabertas, que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Para estes efectos, as categorías de preguntas defínense da seguinte maneira:
  • De opción múltiple: preguntas con unha soa resposta correcta e que non esixen construción por parte do alumnado.
  • Semiabertas: preguntas con resposta correcta e que esixen a construción por parte do alumnado. Construción que será breve.
  • Abertas: preguntas que esixen construción por parte do alumnado e que non teñen unha soa resposta correcta. (producións escritas e composicións plásticas).

Matrícula:
  1. Formalizarase a solicitude de matrícula nas datas que determine a CiUG.
  2. Entregarase na secretaría do centro no que superaron o 2º curso do Bacharelato. Se conseguiron o título Bacharelato en convocatorias anteriores entregarán a solicitude no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) que lle corresponda ó seu centro, ou mediante o procedemento telemático establecido pola CiUG.
  3. Indicarase na solicitude os datos persoais do alumnado e as materias elixidas para a realización da proba. Así mesmo, poderán solicitar a exención do exercicio de Lingua Galega.
  4. Y, por último, deberase aboar as taxas correspondentes, a través duns impresos que estarán a disposición dos centros de educación secundaria.
Tribunal cualificador:
  • Un/ha presidenta, un secretario/a e, se é o caso, un/un vicepresidente.
  • Comisións delegadas para actuar en cada un dos centros en que se realice a proba.
  • Comisións de avaliación de cada materia obxecto de exame.


ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
  • Adoptaranse medidas necesarias para asegurar a igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal do alumnado con NEAE.
  • Tomaranse medidas como: adaptación de tempos, elaboración de modelos especiais de exame, disposición de medios materias e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas....
  • A súa avaliación tomará como referencia as adaptacións curriculares realizadas para o alumnado ó longo da etapa.
  • Incluiranse medidas de flexibilización e metodolóxicas na avaliación de Lingua Estranxeira para o alumnado con discapacidade auditiva, alumnado con dificultades na súa expresión oral e/ou trastornos da fala.


Pódese solicitar ante a presidencia do tribunal cualificador a revisión da cualificación obtida nunha ou varias das probas que compoñen a avaliación. O prazo para presentar as solicitudes de revisión será de 3 días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario