venres, 22 de febreiro de 2019

Protocolo de atención educativa ao alumnado con discapacidade auditiva



Onte, día 21 de febreiro de 2019, aproveitando os Encontros de atención á diversidade dende os Departamentos de Orientación e os Equipos de Orientación Específicos, a Conselleira de Educación, Carmen Pomar, presenta o Protocolo de Atención Educativa ó alumnado con discapacidade auditiva.


Dito protocolo pretenden afondar na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de educación axeitadas, se estimulan as súas capacidades e responsabilidades sociais e se traballa en colaboración coas familias e con outros membros da comunidade educativa.

O documento conta con novo epígrafes principais:
  1. Introdución
  2. Principios reitores: inclusión como principio,
  3. Conceptos
    - Audición
    - A discapacidade auditiva: etioloxía e clasificación
    - Audiometría
    - Axudas audioprotésicas: audiófono, implante coclear, implante osteointegrado.
    - A lingua de signos
    - Alfabeto dactilolóxico
    - Comunicación bimodal
    - A lectura labial
    - A palabra complementada
  4. Diagnóstico: baseado na detección e na introdución dunha serie de indicadores tanto para as familias como para o centro educativo.
    - Sinais de aleta no ámbito familiar: dende 0 a 3 meses, de 3 a 6 meses, de 6 a 9 meses, de 9 a 12 meses....e así ata os 5 e 6 anos.
    - Sinais de alerta no ámbito escolar.
  5. Necesidades educativas dos alumnos/as con discapacidade auditiva
    - Facilitarlles a adquisición dun sistema de comunicación.
    - Estimular e potenciar a percepción auditiva do alumnado.
    - Favorecer a lectura labial.
    - Desenvolver a linguaxe oral.
    - Favorecer o desenvolvemento semántico e morfosintáctico, particularmente na escrita.
    - Desenvolver habilidades cognitivas.
    - Participación activa na comunicación, información, aprendizaxe e relacións da aula.
    - Fomentar a autoestima e promover a inclusión plena
  6. Medidas educativas:
    - Orientacións para o currículo.
  7. Intervención educativa: planificación a nivel de centro, a nivel de aula, e orientacións para o emprego das axudas técnicas e outros recursos. Así mesmo, neste apartado inclúese a planificación e orientación a nivel familiar, orientacións para a intervención cos estes alumnos/as e, moi importante, a sensibilización da comunidade educativa.
  8. Avaliación e seguimento do alumnado con discapacidade auditiva.
  9. Bibliografía: unha serie de recursos como libros, artigos e publicacións actualizados e outros pioneiros no tema. Tamén webgrafía, con páxinas web de diversas federacións, confederacións...moi interesantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario