domingo, 3 de febreiro de 2019

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior de Formación Profesional 2018/19


Resultado de imagen de probas acceso formación profesional


Os prazos para apuntarse son os seguintes:
  • ciclos de grao medio: do 7 ó 22 de marzo, ambos incluidos.
  • ciclos de grao superior: do 28 de xaneiro ó 8 febreiro

As probas serán realizadas:

  • 28 de maio no caso de ciclos de grao medio.
  • 10 de abril no caso de ciclos de grao superior.
¿Como son as probas?

CICLOS GRAO MEDIO:

- Parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega e Ciencias Sociais).
- Parte científico-técnica (tecnoloxía e ciencias da natureza).


CICLOS GRAO SUPERIOR:

- Parte común: matemáticas, lingua castelá e lingua galega.
- Parte específica: materias específicas da opción vinculado ó ciclo superior seleccionado.


¿Como facer a solicitude?


  • A solicitude preséntase en calquera instituto que imparta FP no actual curso académico.
  • Deberá presentarse en papel no centro de inscrición empregando o formulario de solicitude que está dispoñible na páxina da Xunta de Galicia. Aínda que tamén se pode enviar por correo certificado





Ningún comentario:

Publicar un comentario