Nesta entrada atoparades toda a información sobre os Programas de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR).
Este blog está creado para ofrecer información, recursos e orientación sobre aspectos de diversa índole: persoal, profesional, emocional, social, académica... Está dirixido a toda a comunidade educativa (familias, profesorado, alumnado...) ou a calquera persoa interesada sobre estas temáticas.
Amosando publicacións coa etiqueta cambios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cambios b>. Amosar todas as publicacións
luns, 25 de maio de 2020
mércores, 20 de maio de 2020
ORIENTACIÓN ACADÉMICA: PASO DE 3º ESO A 4º ESO

O proceso de
orientación académica e vocacional obriga á persoa interesada a decidir o seu
futuro profesional, a reflexionar sobre si mesmo, sobre os seus gustos e as
súas preferencias. Ao mesmo tempo, permite interiorizar coas diferentes
carreiras e profesións, xa que analiza certos aspectos como as características
e os roles laborais.
Outro beneficio do
proceso de orientación vocacional é que permite ao alumnado identificar e
desenvolver habilidades, intereses, fortalezas e oportunidades. Isto é
sumamente proveitoso para elixir un rumbo profesional no cal se podan desenvolver
integramente e con maior satisfacción.
Ademais, mediante
este proceso o alumnado pode chegar a constituír un obxectivo de vida que sexa
tanto realista como alcanzable. Este obxectivo inicial é o que vai estar
presente en todo momento, guiando as decisións persoais, laborais e académica.
Dito isto, a
continuación inclúo un vídeo onde explico os cambios máis importantes do voso
paso de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria a 4º desta etapa educativa:
Aquí vos deixo a
presentación en soporte de PDF para que podades visualizar cada diapositiva
máis detalladamente.
Calquera dúbida estamos a vosa disposición.
martes, 19 de maio de 2020
ORIENTACIÓN ACADÉMICA: DE 2º ESO A 3º ESO

Decidir que estudar
e de que queres traballar non é unha tarefa fácil nin rápida. Trátase dun
proceso no que deberás ter en conta diferentes aspectos para poder tomar ben a
túa decisión.
Os elementos que
forman parte do proceso de decisión e sobre os cales terás que profundar son:
- Autocoñecemento: formado pola personalidade, habilidades, competencias, valores e intereses. Realizar un bo exercicio de autocoñecemento é necesario para empezar a construír o teu proxecto de vida e profesional, e para que podas explorar que formación e que profesión se axusta ao teu perfil.
- A oferta académica: son todos os estudos que existen e que podes realizar. Debes explorar todas as oportunidades formativas e as súas características (acceso, plan de estudos, especializacións, saídas profesionais, etc) que tes ao teu alcance para atopar aqueles que mellor respondan aos teus obxectivos.
- O mercado de traballo: nel están todas as profesións que poderás realizar. Necesitas coñecer a fondo as características destas profesións e as tarefas que realizan os diferentes profesionais para poder elixir a que mellor se axuste ao teu perfil.
O exercicio de
investigar a fondo estes tres aspectos axudarache a adquirir a autonomía necesaria
para poder escoller uns estudos e unha profesión.
Dito isto, a
continuación inclúo un vídeo onde explico os cambios máis importantes do voso
paso de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria a 3º desta etapa educativa:
Aquí vos deixo a
presentación en soporte de PDF para que podades visualizar cada diapositiva
máis detalladamente.
Calquera dúbida estamos a vosa disposición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
