luns, 1 de abril de 2019

¿Qué quiero estudiar? Guía de estudios superiores de galicia 2019-2020




A Voz de Galicia vén de publicar un documento denominado ¿Qué quiero estudiar? Guía de estudios superiores de Galicia 2019-2020.

Nel pódese atopar información relativa a catro ramas de coñecemento: Ciencias Sociais, Ciencias, Humanidades e Artes. Dentro delas atópase información relativa a estudos universitarios (letra G), Formación Profesional (letra FP) e outros estudos (letra O).

Así mesmo, aparece como se pode acceder a certos estudos superiores, convalidacións da Formación Profesional coa Universidade, colexios onde hai cada un desas ofertas educativas e notas de corte dalgunhas carreiras universitarias. 


luns, 4 de marzo de 2019

Materias de apoio para traballar co alumnado con altas capacidades intelectuais






Compendio de diversos materiais que aportarán tanto unha base científica e teórica como máis práctica para traballar co alumnado con Altas Capacidades Intelectuais.

Este material irase actualizando a medida que se atopen máis recursos que poden ser de utilidade, tanto para o profesorado, alumnado como para as propias familias.

**Para acceder simplemente pinchar no título do documento.

5. Altas capacidades intelectuais. Guía de traballo de altas capacidades do Colexio Oficial de Psicoloxía de Cataluña e o Grupo de investigación en altas capacidades.
6. Intervención educativa no alumnado con altas capacidades intelectuais de Carmen Fernández, Ángela Rojo e Mercedes Fernando.
7. Materias e recursos alumnado con altas capacidades. Educación Infantil e Primaria da Consellería de Educación e Ciencia de Castiña-A Mancha.


venres, 1 de marzo de 2019

Notas de corte Universidades de Galicia


Documento que recolle as notas de corte das Universidades Galegas (Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña) no curso 2018-2019, elaborado dende a Comisión Interuniversitaria de Galicia.




mércores, 27 de febreiro de 2019

Ciclos formativos actuales curso 2018-2019



Inclúo unha relación/listaxe dos ciclos formativos, tanto básicos, medios como superiores, existentes actualmente no curso 2018/2019 da Xunta de Galicia.

Máis alá disto, podedes consultar as fichas técnicas e/ou académicas de cada ciclo formativo na páxina de “todo fp” da Xunta de Galicia, nos seus folletos informativos. Na seguinte ligazón:



venres, 22 de febreiro de 2019

Protocolo de atención educativa ao alumnado con discapacidade auditiva



Onte, día 21 de febreiro de 2019, aproveitando os Encontros de atención á diversidade dende os Departamentos de Orientación e os Equipos de Orientación Específicos, a Conselleira de Educación, Carmen Pomar, presenta o Protocolo de Atención Educativa ó alumnado con discapacidade auditiva.


Dito protocolo pretenden afondar na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de educación axeitadas, se estimulan as súas capacidades e responsabilidades sociais e se traballa en colaboración coas familias e con outros membros da comunidade educativa.

O documento conta con novo epígrafes principais:
  1. Introdución
  2. Principios reitores: inclusión como principio,
  3. Conceptos
    - Audición
    - A discapacidade auditiva: etioloxía e clasificación
    - Audiometría
    - Axudas audioprotésicas: audiófono, implante coclear, implante osteointegrado.
    - A lingua de signos
    - Alfabeto dactilolóxico
    - Comunicación bimodal
    - A lectura labial
    - A palabra complementada
  4. Diagnóstico: baseado na detección e na introdución dunha serie de indicadores tanto para as familias como para o centro educativo.
    - Sinais de aleta no ámbito familiar: dende 0 a 3 meses, de 3 a 6 meses, de 6 a 9 meses, de 9 a 12 meses....e así ata os 5 e 6 anos.
    - Sinais de alerta no ámbito escolar.
  5. Necesidades educativas dos alumnos/as con discapacidade auditiva
    - Facilitarlles a adquisición dun sistema de comunicación.
    - Estimular e potenciar a percepción auditiva do alumnado.
    - Favorecer a lectura labial.
    - Desenvolver a linguaxe oral.
    - Favorecer o desenvolvemento semántico e morfosintáctico, particularmente na escrita.
    - Desenvolver habilidades cognitivas.
    - Participación activa na comunicación, información, aprendizaxe e relacións da aula.
    - Fomentar a autoestima e promover a inclusión plena
  6. Medidas educativas:
    - Orientacións para o currículo.
  7. Intervención educativa: planificación a nivel de centro, a nivel de aula, e orientacións para o emprego das axudas técnicas e outros recursos. Así mesmo, neste apartado inclúese a planificación e orientación a nivel familiar, orientacións para a intervención cos estes alumnos/as e, moi importante, a sensibilización da comunidade educativa.
  8. Avaliación e seguimento do alumnado con discapacidade auditiva.
  9. Bibliografía: unha serie de recursos como libros, artigos e publicacións actualizados e outros pioneiros no tema. Tamén webgrafía, con páxinas web de diversas federacións, confederacións...moi interesantes.


mércores, 13 de febreiro de 2019

Cadernos de Titoría


Moitas veces preguntámonos como deseñar as actividades de titoría para que teñan un matiz diferente e sexan innovadora e motivadoras para o noso alumnado. Aquí vos deixo un caderno de titoría cunha variedade de dinámicas para levar a cabo cos alumnos/as, que son totalmente adaptadas as distintas idades, dende Primaria á Secundaria.



luns, 11 de febreiro de 2019

Información sobre diversas probas diagnósticas

A continuación inclúo un documento con información sobre varias probas diagnósticas con datos referidos a:
  • Rango de aplicación.
  • Finalidade.
  • Tipo e Tempo de aplicación.
  • Ano.
  • Constitución da proba.