O
ámbito familiar é un dos lugares onde as diferenzas de opinións e conflitos
suceden cada día con máis envergadura. Debemos recordar que como pais/nais e
familiares xogamos un papel moi importante á hora de ensinar aos noso fillos/as
a resolver conflitos con nos e entre eles. Recordemos que os adultos nos
convertemos en modelos de rol que os nenos/as observan, e a maneira en que
manexamos as situacións difíciles son exemplos sobre como eles deberán facelo
despois.
Como
adultos debemos:
- Axudar a expresar os sentimentos deixando de lado as acusacións.
- Ensinar a escoitar aos demais sen prexulgar.
- Ensinar a ter en conta o punto de vista dos demais e os seus sentimentos. Ensinar a ser empáticos.
- Ensinar a responsabilizarse cada un do seu e pedir perdón se é necesario.
- Ensinar a resolver o conflito, sabendo que non necesariamente un ten que perder senón que ambos podemos ganar nunha situación calquera.
- Facilitar o traballar os sentimentos e non actuar sobre os negativos.
- Ensinar a non gardar rancor para poder seguir adiante.
- Ensinar a practicar todo isto nas casas e nas aulas con nos mesmos e cos demais.
- Difícil tarefa pero, e se logramos que todos os nenos/as sean capaces de resolver diferenzas de opinión, que teñan habilidade de sentarse a ver como ambos poden ganar resolvendo calquera diferenza?
Aquí
entra en xogo a mediación escolar, que trataremos noutra entrada de maneira
pormenorizada.
Agora
déixovos unha presentación sobre a resolución de conflitos na Educación
Infantil. Máis concretamente, a técnica denominada “mellor se xogamos todos xuntos” a través do conto “o crocodilo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario