Dadas
as circunstancias, é importante que como alumnos/as, sobre todo dos niveis
educativos máis altos, sexades capaces de orientarvos mediante buscas en
internet, pois a cantidade de recursos que atopamos neste soporte é infinita.
Neste
caso, corremos o risco de intoxicarnos con excesiva información e facer uso de
páxinas ou webs pouco rigorosas. Sobre todo se non somos críticos á hora de
seleccionalas.
Por
iso, comparto neste entrada unha recompilación de recursos esenciais dirixidos
a todos os estudantes que teñan que levar a cabo ese proceso de autorientación
na rede ou que queiran ampliar os seus coñecementos a través desta canle.
Antes
de incluír eses recursos, é preciso ter claro cales son os pasos que hai que
dar para que a autorientación sexa reflexiva. Estes pasos son:
Coñécete a ti mesmo:
Coñécete a ti mesmo:
- Coñece as túas aptitudes, as
túas habilidades e as túas capacidades, as túas afeccións, os teus rangos de
personalidade, os teus intereses profesionais e os teus valores.
- Reflexiona sobre a túa motivación, pensando se queres facer uns estudos máis longos (graos universitarios) ou curtos e prácticos (por exemplo, estudos de formación profesional).
- Investígate a ti mesmo, auto-analízate e fai unha listaxe das túas características persoais e dos teus puntos fortes.
- Investiga todas as opcións e
estuda a oferta. Empeza por aqueles estudos que están máis relacionadas coa túa
formación previa e coas túas características (analizadas no punto anterior).
- Fai unha lista daqueles
estudos que máis che poden interesar. Posteriormente, analiza o seu plan de
estudos e as súas saídas profesionais.
- Localiza eses estudos e busca os centros onde podes facelos.
- Pon en orde de prioridade os
estudos da lista que elaboraches na fase anterior. Elabora unha táboa con tres
columnas: estudos que me interesan, vantaxes e inconvenientes (duración,
dificultade, custe, necesidade de desprazamento, as posibilidades de acceso,
esixencias de idiomas, as saídas laborais...).
- Reflexiona sobre os factores
que van influír na túa decisión como, por exemplo, as túas posibilidades
económicas, vías de acceso a eses estudos, os estereotipos de xénero para
determinadas profesións, a presión familiar, etc.
- Por último, selecciona aqueles
estudos nos que atopaches máis vantaxes e ordénaos por orde de prioridade, ese
será o teu obxectivo vocacional. Esforzarte por conseguilo.
A
continuación, inclúo o documento cos recursos que podedes utilizar para
autorientarvos, clasificados por categorías e cos enlaces para que vos sexa
máis doado visualizalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario