O
desenvolvemento da linguaxe oral na etapa de Educación Infantil ten máxima
importancia, posto que é o instrumento que permitirá aos nenos/as realizar unha
aprendizaxe escolar satisfactoria, sobre o que se fundamentarán todos os
coñecementos posteriores.
Dende
un punto de vista social, a linguaxe permite a comunicación entre as persoas de
forma que se convirte nun instrumento útil de socialización, á vez que serve
para satisfacer as necesidades básicas, para expresar sentimentos, para regular
o comportamento dos demais, etc. Esta é, quizais, a función máis evidente e a
que, polo tanto, guía a maioría de actividades que se preparan na escola.
Pero
non podemos esquecer que, dende un punto de vista individual, a linguaxe oral é
un instrumento de codificación do pensamento. Permite organizalo e axuda á reflexión
e a conceptualización. O exercicio desta función ten enormes repercusións no
desenvolvemento cognitivo do individuo, posto que fai progresar as capacidades
mentais superiores involucradas nos procesos de aprendizaxe como son a
abstracción, a capacidade de análise e síntese e a capacidade para representar
a persoas.
“A
linguaxe ten a finalidade de dar forma ó pensamento, de preparalo para a
actividade intelectual, á vez que indica a natureza social da actividade
intelectual do home, feito que distingue radicalmente o animal”.
Dito
isto, deixo unha selección de vídeos de Eugenia Romero sobre “verdadeiro e
falso” para traballar con nenos de 3 a 4 anos a comprensión oral de frases,
ampliación de vocabulario e razoamento verbal.
Xogamos a verdadeiro ou falso: Parte 1
Xogamos a verdadeiro ou falso: Parte 2
Xogamos a verdadeiro ou falso: Parte 3
Ningún comentario:
Publicar un comentario