A orientación
académica e profesional amosa á persoa, mediante información contrastada e
analizada, todo un amplo abanico de estudos e profesións ás que se pode
acceder. Calquera decisión é boa sempre cando se tome con consciencia. Non hai
que ter medo ós erros porque deles aprendemos e a reorientación é posible:
pódese reconducir a carreira académica e profesional cunha adecuada orientación.
E non só se pode reconducir, senón que é posible que ao longo da vida se cambie
de profesión, xa que o mercado laboral está en continuo cambio, están
aparecendo novas profesións e outras estanse transformando. Por iso é de gran
utilidade posuír recursos necesarios para afrontar os cambios.
Dito isto, a
continuación inclúo un vídeo onde explico os cambios máis importantes do voso
paso de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria a 2º desta etapa educativa:
Aquí vos deixo a
presentación en soporte de PDF para que podades visualizar cada diapositiva
máis detalladamente.
Calquera dúbida estamos a vosa disposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario